Copa do Rei de baloncesto

Para outras competicións co mesmo nome, véxase Copa do Rei.
Modelo:Competición deportivaCopa do Rei de baloncesto
Editar o valor em Wikidata
Nome na lingua orixinal(es) Copa del Rey de baloncesto Editar o valor em Wikidata
Tipocompetición deportiva Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
OrganizadorAsociación de Clubs de Baloncesto Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Vixencia1933 – Editar o valor em Wikidata
Calendario da tempadafebreiroEditar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoReal Madrid Baloncesto (29º)
(2024)
Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Máis títulosReal Madrid Baloncesto (29) Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialacb.com Editar o valor em Wikidata

A Copa do Rei de baloncesto (en castelán: Copa del Rey de Baloncesto) é unha competición de baloncesto que se disputa anualmente en España. Organizada nos seus inicios pola Federación Española de Baloncesto (FEB), desde 1983 a competición é organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB). O torneo comezou a xogarse co nome de Campionato de España, disputándose a súa primeira edición en 1933. Esta competición foi a primeira que enfrontaba a clubs de todo estados, xa que a Liga Nacional non foi creada até 1957, vinte e catro anos despois.

Actualmente disputan a competición oito equipos, sendo estes os sete mellores clasificados na Liga ACB ao final da primeira volta da competición xunto cun conxunto da cidade organizadora do torneo. O formato de competición é un sistema de final a oito a partido único. Tradicionalmente, o equipo gañador lograba ademais o dereito a inscribirse na seguinte edición da Recopa de Europa. Porén, actualmente a Copa non dá acceso a ningunha competición de carácter continental.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy